VII CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Se es artista e tes entre 18 e 35 anos, podes apuntarte ao Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, que se convoca bienalmente. A actual é a XVII Edición, coa que a Deputación quere premiar o talento de mozos creadores con premios en metálico e a difusión das obras seleccionadas mediante exposición e a publicación do correspondente catálogo.

O premio abrangue as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística como vídeo, arte dixital, etc. A temática será libre e cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.

A exposición cos traballos premiados e seleccionados realízase no mes de setembro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A dotación dos premios é de un total de 12.000 euros: 5.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo premio e 2.000 euros para o terceiro; concédense tamén dous accésits de 1000 euros cada un, aos que o xurado poderá engadir accésits honoríficos.

O prazo límite de presentación das obras é o día 11 de xuño de 2023

As obras inscribiranse en formato on line, a través da plataforma.

WWW.MUNDOARTI.COM

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar