Xoiería de autor como ornamento persoal e ourivaría.
Como escultor broncista especializado no mundo animal quixen, desde a xoiería de autor, como ornamento persoal, manifestar plásticamente a miña forma de entender a realidade: en xoiería, a través de broches principalmente, colgantes á cera perdida, pulseiras, algún colar e pendentes, e en ourivaría, que tamén forma parte como arte mobiliar, representándoa con pequenos cuncos en prata, latón e cobre, así como polas culleres, ferramenta usada ao longo da historia.
Os materiais máis utilizados son a prata e o latón, fusionándoos, e tecnicamente, a forxa e martillado así como a soldadura. No caso da cera perdida, técnica tan antiga como o home, déronse pátinas en quente con ácidos.
Sobre o ornamento…
O uso de ornamentos persoais é unha práctica intrinsecamente humana e cotiá cun enorme contido simbólico. Á parte de embelecer, sinala un mundo máxico usado por un grupo humano en concreto, é unha linguaxe de pertenza a el, un código. Foi tamén a forma de inicio da actual arte da xoiería.
Neste presente, a pertenza a un grupo cultural en concreto perdeuse, e sinalo á globalización como motivo principal, por iso é polo que quixese, dalgunha maneira, o achegamento a esa época do ser humano que era único no seu “coñecemento silencioso” e sacralización do mundo, o seu “axis mundi”, expresado a través do mundo animal e vexetal.
Espero achegarme un pouco.
A miña formación académica foi a través da bioloxía, a navegación e traballos de campo zoolóxicos, así como xoiería e ilustración (Ourense).
Antonio Valverde.
Lugar: Hall
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h., sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado
Organiza Instituto Traumatolóxico de Galicia S.L. Programa completo na seguinte ligazón: https://www.centroculturaldeourense.com/contenido/uploads/2026/04/meetin-trauma-meetin-trauma.pdf
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar