Este conxunto de pezas de pintura xorde básicamente da necesidade do artista por intrpretar, plasmar e divulgar as súas reflexións sobre as experiencias persoais vividas en diferentes lugares do mundo e con características e idiosincrasias moi distintas entre si.
Representan imaxes tanto humanas como animais, que xorden da obseración e o análise íntimo de realidades moi distintas e chocantes entre elas, incluíndo a propia contradición interior do ser humano e a súa interrelación co mundo exterior que o rodea, a través do contraste da imaxe por medio da combinación de binomios contrapostos, tanto en técnica como en contido e contexto.
Esta serie de once cadros son producto da evolución da súa obra a través da investigación e desenvolvemento da técnica do stencil. Sendo esta técnica unha das primeiras manifestacións artísticas do ser humano e estando na actualidade moi directamente relacionada coa arte urbana e a propaganda, tan ominpresentes na nosa sociedade moderna, o artista adecuúaa un soporte de exposición interior, elaborados en formato medianamente grande para conservar o nexo entre a obra, o espazo público e o espectador, permitindo observar a obra dunha ollada coma se dun muro na rúa ou un panel publicitario se tratase. Están feitas e pensadas para asimiliar todo o conxunto dunha maneira rápida e directa a través da linguaxe e a sintaxe visual a modo de propaganda.
A historia de Michelín Rodríguez empeza en Caracas en 1982. Quizá un debuxo marcou a súa primeira visión, quizá non. A el gústalle crer que si, porque anos despois, sendo aínda un crío, Michelín Rodríguez debuxaba as rúas, impresionado e cheo de curiosidade polas firmas e pezas que empezaban a aparecer cada vez con máis frecuencia nas rúas da Caracas dos 90.
Durante a súa adolescencia, Michelín Rodríguez segue as pegadas de pezas e firmas como as de Hase, Flow, Vaki, Ore ou Jim, entre as rúas convulsas da capital venezolana de finais do século XX. Foi neses anos cando a vida púxolle no camiño a un amigo que lle ensinou o que necesitaba para saír a pintar á rúa. Empezou asinando como King, e aquel pequeno rei deixouse influenciar polo traballo de colectivos como o C.E.L (Cartel de Expresión Latina) ou o E.S.C (East Side Connection). Así formou o seu primeiro colectivo, o D.K.C (Dev and King Crew), que creceu con rapidez, superando pronto os límites do grafiti, explorando outras disciplinas, como o break dance ou o hip-hop, que alumaron ao C.R.G (Cartel do Rap e o Grafiti), no que Michelín Rodríguez participou na súa primeira etapa.
A segunda marcárona dous factores: o tempo e o espazo, o cambio de século e o traslado á Ribeira Sacra, na Galicia dos seus avós. Esta nova vida chega cargada de novidades, como a súa formación como cociñeiro profesional, un mundo novo que, aínda sen darse conta, impregnará a súa obra, enchéndoa de novos ingredientes. A súa relación coa arte urbana cambia, atópase no rural galego, afastado das áreas fortemente urbanizadas onde naceu, creceu e formouse. A realidade obrígalle a explorar novas técnicas, novos formatos e a adquirir paulatinamente unha concepción e un punto de vista diferentes achega da arte urbano, que entende e afronta doutra maneira. Cambia a motivación, xa non busca a reivindicación persoal e individual, xa non lle dirixe o ego, xa non busca risco nin competencia, cousas máis propias dunha realidade e paisaxe netamente urbanos. Impresionado polos traballos de xente como Bleck lle Rat, Banksy, C215 ou Roadsworth, entre outros, Michelín Rodríguez namórase da técnica do stencil, buscando unha vía propia que lle permita comunicarse cos humanos que ven a súa obra? e coa súa contorna. O seu pasado de artista urbano séguelle arrastrando á rúa, onde interactúa en espazos públicos, deixando a súa especial pegada nun punto do mapa onde, ata fai moi pouquiño, ninguén ousara a facelo coa súa frescura e a súa valentía.
Lugar:
Horario: Luns a venres: 11:00 a 14:00h´. e de 18:00 a 22:00h. Sábados, domingos e festivos:11:00 a 14:00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Pódese mercar a entrada solidaria para esta cata en https://entradium.com/events/cata-a-arte-3 Aforo máximo 100 persoas.
Pódese mercar a entrada solidaria para esta cata en https://entradium.com/events/cata-a-arte-2 Aforo máximo 100 persoas.
Pódese mercar a entrada solidaria para esta cata en https://entradium.com/events/cata-a-arte-1 Aforo máximo 100 persoas.