Transitar a ruina

Transitar a ruina

Neves Seara

Esta exposición é a historia dun camiño que comecei intuitivamente hai uns anos… e como todas as historias lese de esquerda a dereita, cun inicio, un nó e un desenlace, por tanto comezarase a visita indo cara á esquerda da sala… Para percorrer instalacións, poesía, fotografía e son. Todas as fotografías e poemas utilizados nestas obras son tamén de Neves Seara. Como un náufrago á deriva foi cultivando imaxes, palabras, obxectos, silencios e bramidos ata, de forma case accidental, pechar un ciclo de 7 anos de duelo. Transitar a ruína é un durísimo pero sanador percorrido metafórico polas diferentes etapas dun duelo. Sete anos que comezan nun deserto desolador, árido e abrasador, onde só quedaba no horizonte unha ferida incerta. Abismo necesario para chegar ao único estado no que se pode observar a ruína, na seguinte etapa do camiño: o da vulnerabilidade. Alí, ruínas onde antes houbo raíces, o pranto arrasou a terra e os paxaros fuxiron do teu recordo, é a etapa dese duelo en que atesouramos na desesperación cada obxecto polvoriento, cada resto, cada desfeito, coma se das cinzas quixésemos rescatar unha brizna do que foi… Pero tras quedar sepultada de tanta ruína, só queda renderse ao propio extravío, aceptar e soltar a ira, o ruído, o medo… deixarse cubrir de lodo e cinza, facerse ventre como río, terra como berce, brote como caricia e crecer cara ao sol, consolamos o peito ferido, gretando os muros, compasadas, todas as mulleres esquecidas.


  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar