TERRA DO ANEL, UNHA VIAXE ENTRE REINOS

TERRA DO ANEL, UNHA VIAXE ENTRE REINOS

31 OUFF

Un fascinante percorrido polos diferentes pobos, personaxes e lugares da Terra Media.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel transfórmase por completo na Terra Media para acoller unha das apostas máis agardadas e ambiciosas desta 31.ª edición do festival. Con motivo do 25.º aniversario da saga cinematográfica do Señor dos Aneis, o OUFF presenta Terra do Anel. Unha viaxe entre Reinos, unha mostra extraordinaria que reúne unha coidada e única colección de pezas inspiradas nun dos universos fantásticos máis recoñecibles e admirados de tódolos tempos.

A través dunha coidada selección e de ambientacións detalladas, o visitante pode realizar un itinerario directo dende a Comarca ata os reinos máis afastados, descubrindo de preto estatuas a escala, figuras a tamaño real, reproducións oficiais de armas e todo tipo de obxectos de coleccionismo lexendarios. Dende a tranquilidade dos fogares dos Hobbits ata os grandes dominios dos Homes, pasando pola elegancia dos Elfos, a forza dos Ananos e o misterio das criaturas que habitan este universo cinematográfico, a mostra permite apreciar o extraordinario traballo artístico, técnico e artesanal que hai detrás de cada representación.

 


  • ¡Compárteo!
“Terra do Anel. Unha viaxe entre reinos” (OUFF)