A súa obra é unha constante reflexión con notable presenza do doméstico. Cerámica, textil e obxectos cotiáns servenlle para o seu traballo, que vai da escultura á pintura ou instalación e que xa ten sido premiado en diferentes ocasións.
¡Compárteo!
Textos da exposición
“O estudo da vida cotiá sería unha empresa completamente ridícula, e estaría sobre todo condenada a non entender o seu obxecto, se non se propuxese explícitamente transformala” GUY DEBORD, Perspectivas de modificación consciente da vida cotiá (1961) A ergonomía é unha ciencia que investiga a interacción das persoas nos seus aspectos físicos e psíquicos cos obxectos cos que entran en contacto, neste proxecto, principalmente no ámbito doméstico. Pero a ergonomía non funciona do todo ben, quedan físgoas, quedan ocos de adaptación. Interésame esta relación do home cos obxectos, esta relación recíproca que desemboca nun gestual humano determinado. O obxecto convértese no sustento de certos hábitos e certas maneiras de habitar o espazo, e define dalgunha maneira os nosos comportamentos rutineiros. Que igual que nos adaptamos aos espazos e aprendemos a transitalos de forma útil, estes espazos están deseñados para adaptarse ás nosas necesidades nunha sorte de correspondencia. Así os obxectos domésticos, os que utilizamos día a día, e polo cal pasan desapercibidos, sucede o mesmo. Como comenta Baudrillard en “O sistema dos obxectos”: Desta maneira a forma do obxecto “abraza” a man. (…) Hoxe en día o corpo de home non parece atoparse alí máis que como a razón abstracta da forma acabada do obxecto funcional. A funcionalidade, por conseguinte, a non é imposición dun traballo real, senón a adaptación dunha forma a outra (do mango á man) e, a través dela, a emisión, a omisión dos procesos reais de traballo”. De como vivimos a nosa cotidianidad, de como nos adaptamos e de como o deseño tenta adaptarse a nós, de como o deseño educa a nosa forma de movernos. De como revalorizar o cotián e o doméstico, o íntimo, infravalorado fronte ao público. Esta mostra parte da peza “Aniversario”, conformada por 25 adaptadores para lapis, este utensilio define perfectamente este costume de educación serializada respecto ao uso dos obxectos da nosa contorna. Como persoa que suxeita de maneira incorrecta o lapis, mostro 25 adaptadores, que son os anos que levo escribindo ou debuxando “erroneamente”. A partir desta instalación introductoria, expóñense unha serie de exercicios de adaptación nos que o corpo cerámico ou o corpo humano xogan cun material como son as redes de froita a adaptarse dunha forma perfecta, sen físgoas, sen marxe de erro. O home non está libre dos seus obxectos, os obxectos non están libres do home.
A I Xornada Internacional da Lonxevidade propón unha reflexión sobre un dos grandes retos da sociedade actual: non só vivir máis anos, senón facelo con saúde, […]
A ciencia, o humor e a divulgación danse a man nunha nova edición de Ciencia Calidade, o primeiro concurso de monólogos científicos en galego, que chega […]
Jesús Domínguez Conde: “Vertebrados Terrestres do P.N. Baixa Limia Serra do Xurés”
Organiza Ateneo de Ourense.
Xestionar o consentimento
Para proporcionar as mellores experiencias, usamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou IDs únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo, pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional
Sempre activo
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de habilitar o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo subscritor ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para o propósito lexítimo de almacenar preferencias que non son solicitadas polo subscritor ou usuario.
Estatísticas
O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticas.O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación xudicial, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este fin non se pode usar normalmente para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para seguir o usuario nun sitio web ou a través de varios sitios web con propósitos de mercadotecnia similares.