SAN CIPRIANO O MAGO: “DE ORACIÓNS, CIPRIANILLOS E TESOUROS”

SAN CIPRIANO O MAGO: “DE ORACIÓNS, CIPRIANILLOS E TESOUROS”

Organizada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021, conta con máis de 150 obxectos da colección particular de Félix Castro Vicente (Archivo Castro Vicente).
“San Cipriano” de Antioquía, famoso mago antes da súa conversión, é o santo máxico cristián por excelencia, ambivalente, xa que é tanto patrón dos practicantes das artes máxicas como protector contra as mesmas. O seu nome está vinculado a prácticas máxicas e relixiosas en toda Europa, parte de África a Oriente Medio; a máis coñecida, o emprego da Oración de “San Cipriano” para protexerse de feitizos e todo tipo de males.
É famoso ademais no nororeste da península ibérica por atribuírselle o Libro de San Cipriano, cobizado libro máxico que, ademais de converter ao seu posuidor en feiticeiro, podia facelo rico xa que incluía unha lista de tesouros do Reino de Galicia e de Portugal e as instrucións para desencantalos.
Todas estas prácticas  expandíronse ata América, sendo hoxe en día un santo venerado nos cultos afroamericanos, ao tempo que mantén a súa presenza na Igrexa Ortodoxa e na Católica.


  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar