A mostra reúne pintura, debuxo, instalación, obra téxtil, vídeo e novas pezas creadas para este proxecto a partir dun dos lugares fundamentais na traxectoria da artista: Romiña, a aldea de Casaio, Ourense, onde naceu e á que a súa mirada volve para descubrir novos matices e significados.
Reme Remedios achéganos imaxes, experiencias e símbolos que a acompañan desde hai anos para volver observalos desde un presente que parece acollernos. Cada aproximación abre novas preguntas, relacións e formas de comprender cuestións esenciais: os procesos da vida, a morte, o pasado, as esperanzas, a natureza e o significado da presenza animal.
Nesta exposición, a artista desenvolve unha obra que combina liberdade formal, potencia simbólica e unha extraordinaria capacidade para transformar a experiencia vital en forma, imaxe e materia.
Unha exposición que invita a achegarse ao singular imaxinario dunha das creadoras máis persoais do panorama artístico galego actual.
Lugar: sala 2
Horario:
Precio:
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado
Programa completo: https://www.centroculturaldeourense.com/contenido/uploads/2026/06/programa-provisional-6-programa-provisional-6.pdf Inscrcións gratuitas para a xornada en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdiSaKRnhpLcnt0b-gjqsqpNcDJXUful_H8vUuRhrvEFrKvpg/viewform