Na obra de Antonio Quesada hai unha ordenada evolución cara á abstracción lírica da paisaxe. Partindo dunha figuración formal, estática e rigorosa, contemplada desde puntos de mira aéreos e indeterminables, a natureza e as súas referencias foron desaparecendo ata quedaren ocultas, esquecidas ou presentidas, adquirindo un dinamismo que acada o paroxismo, e dando finalmente preferencia ao puro xogo da cor nun estilo pictórico persoalísimo,intensamente emotivo e único, onde todos os convencionalismos da paisaxe ao uso teñen sido abandonados.
Antonio Quesada.
(Ourense, 1932 – Vigo, 2015) é un dos paisaxistas máis destacados do panorama plástico español polo suxestivo e o inconfundible estilo dos seus cadros. A súa obra caracterízase por un exquisito dominio técnico e unha permanente vocación anovadora. A súa paisaxe, conformada en liñas xeométrico-figurativas e, case sempre, suxerida nas súas formas, sitúanos en mundos estraños, misteriosos, case metafísicos, que conforman unha pintura intensamente emotiva, sensible e intimista.
Participou activamente no movemento cultural que conmocionou as artes plásticas galegas na segunda metade do século XX baixo a tutela de intelectuais do talle de Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor. A súa amizade cos poetas zamoranos Claudio Rodríguez e Hilario Tundidor influíu decisivamente na peculiar concepción lírica da súa pintura. A súa obra atópase representada en numerosos museos e coleccións institucionais de España, Europa e América.
Transcorridos tres anos desde o seu falecemento, esta exposición representa un corpus plástico único e excepcional pola ampla representación da súa obra de gran formato (na sala de Abanca, na Praza Maior), en que o espectador pode somerxerse no lirismo de paisaxes que incitan á introspección e á reflexión, e onde, aínda co home ausente, a imaxe expresa unha defensa sobre a condición humana. O centro cultural acolle as súas “rarezas”, no senso de que se trata de pezas ás veces únicas, traballadas con técnicas na que experimentou, as pezas máis persoais que atesoura o seu círculo máis íntimo ou aquelas que foron preludio doutros vieiros artísticos.
DO ESTATICISMO AO MOVEMENTO
E PREDOMINIO
Na obra de Antonio Quesada hai unha ordenada evolución cara á abstracción lírica da paisaxe. Partindo dunha figuración formal, estática e rigorosa, contemplada desde puntos de mira aéreos e indeterminables, a natureza e as súas referencias foron desaparecendo ata quedaren ocultas, esquecidas ou presentidas, adquirindo un dinamismo que acada o paroxismo, e dando finalmente preferencia ao puro xogo da cor nun estilo pictórico persoalísimo, intensamente emotivo e único, onde todos os convencionalismos da paisaxe ao uso teñen sido abandonados.
COR HARMÓNICA
Antonio Quesada é moito máis ca o mestre da ocre, é un pintor de acordes coloristas en que os matices e as transicións van dando forma e perspectiva ao cadro. A natureza que se pode contemplar carece de referencias e é pura mancha, xogo de luces e tonalidades, grises sobre ocres, verdes e amarelas acendidas, laranxas atenuadas, froito dunha esixente racionalización na busca da perfecta harmonía cromática. Composicións orquestradas desde unha técnica de exquisita factura, con casetransparencias, brillos acalmados e fuxidíos, rascadelas, veladuras, bolborotos e emerxencias ocasionais que animan a valoración táctil da súa obra, xerando un clímax dunha grande emoción e dunha íntima tenrura.
Influencias
Antonio Quesada
«Son autodidacta e non existen influencias predominantes de ningún pintor nin de ningunha escola. Non ao menos voluntariamente, aínda que quizais si inconscientemente. A paisaxe de Velázquez ségueme a emocionar. Identifícome con calquera pintura que sexa verdadeiramente honrada, sincera, con calquera pintura que me fale. Naquela en que o pintor expresou sen falsidade nin mistificacións os seus sentimentos. Só os seus sentimentos. A pintura do home que ten algo que dicir e sabe expresalo interésame sempre, sexan cales foren a técnica, o tempo, e o intre en que se fixese».
Ourensanía
no devir
Xosé Lois Méndez Ferrín
«Si, por veces vénme un soño. Eu estou no medio da ponte da Burga, naturalmente no Ourense de 1944 ou 1945. Aos meus pés, os xardíns con pedriñas á portuguesa que foran deseñados polo Veiras, que era curmán vagamente dos Quesada. A imaxe da Nosa Señora do Pousío mete medo e amósase tétrica e mexicana no soño. No fondo do cadro, as traseiras das vellas casas coas galerías estragadas e os cristais rotos. Este é o cadro de Antonio Quesada Porto no que se pon o sol vermello dos cotos do Salto do Can e do Castel Ramiro, e que non se me irá do desvarío en canto teña un sopro de vida».
Lugar: Sala2
Horario: Luns a venres: 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
A través das formas, texturas e cores, Mon Devane explora as conexións entre o orgánico e a intervención humana, representando esa dualidade a través de tentáculos, […]