PERVIVENCIA E ACTUALIDADE DE EDUARDO BLANCO AMOR. DEBUXOS DE SIRO E MOSTRA BIBLIOGRÁFICA (COLECCIÓN CARLOS LAÍÑO)

PERVIVENCIA E ACTUALIDADE DE EDUARDO BLANCO AMOR. DEBUXOS DE SIRO E MOSTRA BIBLIOGRÁFICA (COLECCIÓN CARLOS LAÍÑO)

SIRO LÓPEZ / CARLOS LAÍÑO

A Fundación Eduardo Blanco-Amor expón no Centro Cultural unha selección de caricaturas de Siro e unha ampla colección bibliográfica pertenecente a Carlos Laíño, ambas sobre este autor fundamental.


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Di Siro: «E velaí nestes retratos, caricaturas e “visións” o Eduardo Blanco Amor que eu recordo. Nos que tentei afondar no seu interior, saiume o Blanco Amor entrañable, que me inspirara tanta tenrura. No conxunto destes deseños está o meu Eduardo Blanco Amor».

 

Dinos E.B-A.: “Siro está acostumado a esaxerar os rasgos da xente para facer dos retratos caricaturas; a súa caricatura é, afortunadamente para a nosa boa amizade, unha caricatura que quere parecerse de lonxe ao orixinal pero non é triste a pesar de que me fixo unha nariz pingona así de xudeu, pero bastante obxetiva.» (Intervención de Blanco-Amor no Círculo de Perlío, 1976).

 

  1. A Mostra bibliográfica (colección Carlos Laíño).

É esta a maior exposición bibliográfica sobre Eduardo Blanco-Amor que se ten realizado ata o momento. Mostra unha parte da colección de Carlos Laíño: «Son cerca de cincocentos volumes que compoñen o meu arquivo dos que só algúns deles forman parte desta exposición. Volumes que fun recadando dende hai case cincuenta anos. En canto á Fonoteca, moito do material son gravacións realizadas por min cunha gravadora de peto e dixitalizadas con posterioridade».

O propio Blanco-Amor da testemuña  da importancia do labor de creación da colección: «Para o meu querido amigo, Carlos Laíño, que con tanta bondade e intelixencia se ocupa da miña obra literaria».(Blanco-Amor, Ourense, abril de 1977).

Currículum do artista

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar