ÓXIDO

ÓXIDO

MANOLO LANCHAS

O que Manolo nos presenta é o resultado de moitos anos de calado labor. Non é unha mostra espontánea senón a consecuencia dun traballo constante e serio. Os seus materiais son os apeiros ou ferramentas de labranza, materiais industriais, chapas de coches, restos de motos, madeiras e ferros. É como un “artellador” que coa reciclaxe, observando e interpretando o que lle transmiten e suxiren os materiais, crea formas belas, delicadas e con movemento, pero sen esquecer a contundencia do material utilizado.


  • ¡Compárteo!

INFORMACIÓN GRÁFICA DA EXPOSICIÓN: TRÍPTICO MANOLO LANCHAS

Textos da exposición

Manolo Lanchas e a súa maxia
por Miguel Mosquera

Penso, e sen querer ser atrevido, que o inicio de todo o que veu despois foi a súa intervención e transformación da súa vivenda no lugar de Casdemendo.
Nela vimos a súa habilidade para crear e ordenar os módulos que foi construíndo con materiais reciclados e resucitados. Demostrando o seu gusto e o seu
saber facer: soldando, montando e reconstruíndo. Ao final, facendo unha colaxe arquitectónica cun exercicio de implicación coa contorna natural e rural.
O anteriormente exposto leva a esta primeira exposición dos traballos de Manolo Lanchas en Ourense.
O que Manolo nos presenta é o resultado de moitos anos de calado labor. Non é unha mostra espontánea senón a consecuencia dun traballo
constante e serio. Os seus materiais son os apeiros ou ferramentas de labranza, materiais industriais, chapas de coches, restos de motos, madeiras e ferros. É como un “artellador” que coa reciclaxe, observando e interpretando o que lle transmiten e suxiren os materiais, crea formas belas, delicadas e con movemento, pero sen esquecer a contundencia do material utilizado. Fundamentalmente: Busca – Observa – Atopa – Crea. É o seu xogo. Construír con materiais de refugallo, obxectos cheos de graza e poesía para emocionarnos e marabillarnos. Ao final é maxia… Tamén, a fin dos seus traballos, a parte da súa creatividade, é compartir os seus achados para recoñecerse e que o queiramos. Aproveitemos este momento de maxia. Que nos diría Mon?.

Currículum do artista

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar