Esta exposición recolle o resultado do proceso de recuperación e restauración de oito lenzos propiedade da Deputación que estaban cun grave problema de deterioro e co risco de ser irrecuperables. Ao longo dun proceso que durou máis de 12 anos, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia protagonizou este traballo de posta en valor de obras singulares, algunha delas do Século XIX.
¡Compárteo!
Info Práctica
07 de Setembro ó 26 de Setembro
Lugar: Sala 2
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.