Metamorfofiguracións

Metamorfofiguracións

Noa Persán

O novo proxecto individual de Noa Persán amósanos a súa fascinación pola natureza, a súa observación da so- nomía e psique humana que re icte na súa obra a modo de fábula ou metáfora levándolle a crear un estilo propio que desenvolve en distintas etapas. A figura feminina é unha constante na súa obra.

  • Noa Persán

  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

“Metamorfofiguracións” é o título do novo proxecto expositivo da artista Noa Persán, co que se presenta de forma individual na cidade das Burgas. Noa é unha muller que dende os seus inicios como artista desenvolve na súa obra un discurso coherente e fiel a unhas conviccións e fundamentos que lle acompañan tanto no plano persoal como profesional. A súa fascinación pola natureza, a súa observación da fisionomía e psique humana que reflicte na súa obra a modo de fábula ou metáfora leváronlle a crear un estilo propio que desenvolve en distintas etapas. A figura feminina é unha das constantes na súa obra e nela representa os seus medos e paixóns, a esta imprímelle, en moitos dos seus lenzos, un carácter oriental froito do seu profundo coñecemento nas Artes Marciais, a súa práctica do sumi-e e a meditación.

Todos os seus proxectos están enfocados á crítica social, ao perecedoiro da beleza, aos ensinos da natureza aplicados ao comportamento humano, a analizar as virtudes e pecados do ser humano, tendo sempre presente o tema de xénero. A crítica fálanos dunha artista que conxuga a razón e a emoción provocando un realismo máxico a través da fabulación, un recurso que a artista emprega con frecuencia. O resultado final é un mundo onírico, no que a literatura, a arte e a ilustración se converten en linguaxes de representación dese mundo de fábula e metáforas no que a artista se move á perfección  para facer, a través da utopía, unha lectura crítica do comportamento do ser humano. A súa obra figurativa  e  a súa extensa traxectoria caracterízase pola exquisitez, a dozura na imaxe, o equilibrio e a harmonía na composición executada con detallismo e simbolismo; todos estes elementos configuran unha obra cun claro transfondo de crítica a través do surrealismo.Por todo iso, pola súa obra, polo seu fundamento, pola súa coherencia, polo seu compromiso, pola súa denuncia e pola súa calidade, Noa Persán é unha das mellores representantes do realismo máxico en Galicia, realismo do que vemos unha interesante selección coa que gozaremos e reflexionaremos este mes de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Cristina Carballedo Penelas

Historiadora da arte e coordinadora de “Metamorfofiguracións”

Currículum do artista

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar