Esta mostra é un percorrido polo meu traballo “Mascaritas, o entroido solitario”. Este é un traballo de ensaio fotográfico que foi mudado conceptualmente no longo do seu percorrido. Dende as primeiras imaxes, pechadas, afogadas cun marco negro para dar a sensación de angustia e medo, ata unha nova visión onde o que se resalta é esa relación entre o contido e o mítico. Interésame máis ese mundo onírico, esa Galiza máxica que tan ben relatara Cunqueiro, que espero se revele para un observador coidadoso. Na mostra pódese ver as diferentes etapas en orde inversa. Unha serie de este traballo foi premiada co XIII Premio de creación fotgráfica “Luis Ksado” da Deputación de A Coruña. O proxecto fala da memoria, da transformación de ésta e da miña relación coas Mascaritas, personaxes que se visten con roupas vellas e careta para deambular por certas zonas de Galiza durante o Entroido. Figuras tapadas o máximo posible para poder asustar, incluso amolar amparadas no anonimato. A través das imaxes pretendo que floreza todo o imaxinario íntimo do meu subconsciente. A miña intención é crear unha escena que conxugue o Entroido entre o real e o suxectivo e que esta representación amplifique o ábano de sensacións que me provocan estas personaxes. Neste entroido o protagonista non xoga a trabsformnación, senon a ocultación e o anonimato. Deste Xeito, un só personaxe pode encarnar, en esencia, a toda a súa aldea. Un único individuo como a representación do total encontro co rural, actualización da luz e o tratamento da cor transportanos a un xogo de realidade onírica que, unido a un costumbrismo grotesco, fan que a representación supere ao representado. O traballo fala desa realidade máxica galega, e simultánea territorio sociedade e simboloxía.

Lugar: sala 0
Horario: Luns a Sábado: 11.00h. a 14.00h. e de 17.00 a 21.00h., Domingos e festivos: 11.00 a 14.00h.
Precio: de balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
A través das formas, texturas e cores, Mon Devane explora as conexións entre o orgánico e a intervención humana, representando esa dualidade a través de tentáculos, […]