A exposición «Making Movies: unha viaxe detrás das cámaras» busca amosarlle ao público o traballo que hai tras as cámaras dunha gran superprodución. Que o público coñeza as diferentes disciplinas que a conforman, algúns dos nomes do equipo que traballou en cada unha destas áreas, o tipo de material de produción que se usa… todo isto baseado en películas moi populares que todo o mundo coñece.
“O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá unha das actividades paralelas máis destacadas desta edición, a exposición Making Movies: Un viaje detrás de las cámaras. Esta mostra trae a Ourense pezas de películas tan recoñecidas como Star Wars, Indiana Jones ou Alien, el octavo pasajero. Poderá visitarse desde o 18 de setembro ata o 2 de novembro, con entrada libre para todo o público.
Making Movies reúne máis de cen pezas orixinais, entre as que se inclúen debuxos conceptuais, elementos de atrezzo, guións, vestiario, claquetas e armas utilizadas nestas películas icónicas. Cada lote está acompañado dunha explicación detallada sobre a súa función, contexto e aparición en escena, permitindo deste xeito que o visitante poida comprender a relevancia de cada elemento dentro da narrativa audiovisual.
A exposición, que xa percorreu diversos puntos da xeografía española, propón unha inmersión fascinante no universo técnico e artístico das triloxías de Star Wars e Indiana Jones, dúas das que máis seguidores reúnen no universo cinematográfico, ou do clásico Alien, el octavo pasajero. O seu principal obxectivo é achegar aos espectadores deste OUFF o complexo proceso creativo que se agocha detrás das grandes producións cinematográficas, revelando o traballo minucioso de profesionais que, aínda que non aparecen en pantalla, son imprescindibles para dar vida ás historias que emocionan ao público.
A mostra, que é perfecta para públicos de tódalas idades, contará cun programa de visitas guiadas conducidas por Alba Polo e o equipo de Júpiter Juegos, que enriquecerán a experiencia cun enfoque divulgativo e participativo. Making Movies é, sen dúbida, unha proposta que conxuga entretemento, aprendizaxe e admiración polo oficio cinematográfico, e que reforza o compromiso do OUFF coa difusión cultural e o amor polo cine neste 30 aniversario.”
Lugar: sala 1
Horario: Luns a domingo de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: Rubén Jiménez Brinquis
Esta exposición non ten ningún video asociado
Organiza Instituto Traumatolóxico de Galicia S.L. Programa completo na seguinte ligazón: https://www.centroculturaldeourense.com/contenido/uploads/2026/04/meetin-trauma-meetin-trauma.pdf
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar