En estado puro

En estado puro

Largo Torres Pato

  • Largo Torres
  • Largo Torres

  • ¡Compárteo!

Desde un alto de Galicia, con paredes de auga e cristal transparentes, desde Ourense, José A., Torres para outros e Largo para min, ve, mira, soña, imaxina, vive, e píntao. Nin paisaxes, nin personaxes, nin a natureza, nin…, nada escapa á súa vista imaxinada, sobre todo nós, os que o rodeamos, as persoas que, sendo o que el, non somos el.

Viste todo de cores e contrastes, con tons limpos, brillantes, que nos miran en voz alta, nos chaman. Suxéitaos con estruturas de precisas liñas. Algunhas obras parecen vidreiras que fixeran entrar a luz por detrás do cadro.

É: “o coleccionista de personaxes”, que son distintos para el, como na realidade. Non pode ignorar as figuras que o rodeamos en movemento e el venos desde alí e píntanos, retrátanos como só el moi ben nos ve.

Crea “Bestiarios” para a súa colección. Que de toda a súa boa obra, espertan en min o lado fetichista da icona e eu admíroos.

A súa pintura é realista de sentimento, libre de interpretación (coma el) e sempre figurativa, non pode deixar de pintar.

ı ANSELMO FERNÁNDEZ ORTIZ ı

Textos da exposición

“LARGO” EN ESTADO PURO

ı JESÚS FUERTES ı

A pintura de “Largo” Torres está presidida polo desprendemento. Píntase para un mesmo en primeira instancia, pero tamén para os demais. É compartir unha creación para que provoque emocións nos outros.

Deste xeito, o receptor dunha obra pictórica pasa a formar parte da propia obra. O espectador ten asignado o seu papel, e se é amigo do autor pode acceder ao descubrimento íntimo do seu mundo máxico.

A miña posición de privilexio nacida da amizade permíteme descubrir cada obra dende ángulos distintos. Observar atentamente os detalles que en moitas ocasións non sei se son decisións do autor ou decisións que toma a propia creación, arrastrando tras ela o pintor. Hai cadros que acaban tomando o seu camiño, á marxe da vontade do pintor. Isto só se entende se somos quen de deixarnos envolver por procesos de feitizo que non podemos explicar dende a racionalidade máis estrita. Non todo ten por que ser entendido dende a razón, e o pintor ten a potestade de renunciar a dar razóns. E a obra rematada tampouco está obrigada a dar razóns. Explícase e xustifícase por si mesma.

A pintura é para ollala. E canto máis ollas para ela, máis cousas ves. Un cadro pode estar rematado para o autor, pero para o espectador o cadro ten a capacidade de reinventarse mudando as condicións do seu estado de ánimo, a luz que recibe, a parede e a cor. Os cadros reinvéntanse a si mesmos se lles damos a oportunidade de ser observados dende sentimentos e emocións distintas.

Coñecer persoalmente a “Largo” e a súa obra lévame a afirmar que non existen discordancias. Non pode producirse un escenario de asimetrías. O pintor e a súa obra son a mesma cousa se ambos os dous están en harmonía. Sendo así, a obra é o resultado derradeiro dunha persoa que proxecta a súa vida na súa obra; e a obra define por si mesma os trazos do autor.

Formar parte do círculo de amizades dun pintor é o equivalente a ver unha obra de teatro dende o palco de honor. Pero cunha posibilidade de asistir tamén aos ensaios. Acabas comprometéndote coa propia obra porque te sentes parte da mesma, aínda que non mestures cores, nin esvares o pincel pola tea.

A miña relación con “Largo” Torres confíreme privilexios que me distinguen. Teño licenza para entrar no seu estudio. É un gran momento. Con ansiedade procuro a derradeira creación. Téñoa diante miña (un óleo, unha acuarela…), sempre me estarrece esa loita do pintor coa tea ou coa cartolina. Unha batalla que consiste en retorcer o feito durante anos para que, facendo o mesmo, o resultado sexa distinto.

Esta práctica repetida no tempo permíteme identificar o pensamento de Heráclito cando dixo: “Todo flúe. Todo está en constante proceso de cambio”.

Para “Largo” o seu traballo é un permanente viaxar ao mar para roubarlle os seus segredos máis profundos. Apañar un peixe e levalo dende o seu hábitat natural ao cadro, para que encaixe nunha composición na que ese peixe deixa de ser peixe para ser máis cousas. O seu traballo é un camiñar pola natureza, respirando olores e captando as súas cores. E iso non se logra sendo un intruso de fin de semana, senón sendo un ser que vive neles dende o respecto.

O seu traballo é tamén un facer e desfacer formas para que adquiran vida propia. Figuras concretas e claras que pugnan con figuras estrañas para atopar o seu sitio, coa mesma vehemencia coa que o pintor busca o seu lugar no Universo, ao que sabe que pertence.

Teño a certeza de que ser pintor é un modo persoal de interpretar a vida. E tamén sei que estar preto dun pintor é compartir a súa vida. Creo, e non me equivoco, que Marga vive o seu propio devir existencial, e tamén a vida do pintor. O resultado é unha paranoia moi saudable, onde se viven dúas vidas ao mesmo tempo. Se tivese que contestar á pregunta de quen é Torres Pato, diría con toda seguridade que Torres Pato é “Largo” en estado puro. Sen capas de pintura, nin vernices baixo os que agocharse.

Currículum do artista

Largo Torres

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS.

– Ateneo  de   Ourense .  1982.

– Sala de Arte Café  Express. Santander,  1983

– Colexio Publico St.Mª. Palautordera. “O Entroido” . Barcelona, 1983

– Café Real.  Ourense, 1985.

– Aula de  Cultura.  Ponferrada,  León,  1987.

– Café  Principal.  Ponferrada ,  León,  1988.

– Aula de Cultura de Caixa Ourense . O Barco de Valdeorras, 1993.

-Grabado: Aguafuerte, azúcar y aguatinta sobre planchas de hierro.

Taller de Grabado Torculari. Palma de Mallorca, 1994

– Galeria de  Arte  Visol.    Ourense,   2001.

Mosteiro de San Clodio. Leiro . Ourense, 2003.

– Sala de Exposicións Grupo HEFAME. Madrid, 2003/2004

-J.Lorenzo. Galeria Renzo. Sala H.Peregrino.Santiago de C  .2004.

-Sala de Arte.Cafe Isaac.Ourense. 2008

-Fundaciòn Vicente Risco :”Olladas de Luz” Allariz .Ourense, 2015

-Centro Cultural “Marcos Valcárcel” . Antolóxica. Xaneiro/Febreiro  2018 .

 

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

Claustro Barroco. Celanova. Ourense, 1982.

Antolóxica Pintores  Galegos:

Aula de Cultura . Santiago de Compostela, 1983

Exposición Artes Plásticas. Xunta de Galicia.

Itinerante, 1984.

“Outras Presenzas”. Casa da Xuventude. Ourense, 1985

Artistas pola  Paz. Ateneo de Ourense, 1986

XIX Premio Nacional de Pintura :

Caja de Ahorros .Ponferrada. León, 1986.

Instituto de Estudios Bercianos :

Aula de Cultura. Ponferrada, 1988.

1ª Mostra Unión FENOSA .A Coruña, 1989.

Homenaxe a Tucho. Caixa Ourense, 1990.

Politécnico de Vigo. 1990.

Exposición :Axuda a Cuba. O Barco de Valedorras, 1994.

Exposición : Arte e Sida: Aula Cultural Caixa Galicia. Ourense, 2001.

Tradición y Vanguardia II. Museo de Arte Contemporáneo

de Santo Domingo.  Cifuentes. Guadalajara, 2004.

Exposición Colectiva de Artistas Plásticos Ateneo OU. 2005.

“Outras Presenzas”. Centro Cultural da Deputación de  Ourense.

– “Mestizaje”. Galeria Ourense. Visol. 2006.

-Café Isaac. Sala de arte. Ourense. 2008-2009

-Galeria Visol. “ 2 Y 2”. Ourense, 2010

-Café Isaac. Sala de arte. Ourense. 2010, 2011, 2012.

-Artestr@za 1836 (Antigua fàbrica de papel de estraza) Lousado. Piñor de  Cea.Ourense, 2012

-XVII Aniversario Galeria Visol. Ourense, 2013

-Fundaciòn Vicente Risco :”Arre Demo”.Allariz 2013/14

-Museo Municipal de Ourense : Arte e Solidariedade. 2015

-Galeria Visol. Colectiva verán 2017. Ourense.