Alleo a estilos e escolas, Eduardo Valladares segue o seu propio camiño, coa acuarela sobre papel como técnica e as paisaxes rurais e as mariñas como temas.
É Eduardo pintor de dilatada experiencia con sorprendentes e prolongadas ausencias do panorama artístico expositivo. O seu definido estilo e modo de facer tan persoal mantéñense na retina dos que o seguimos e a súa obra é plenamente identificable, aínda despois desas parénteses na súa traxectoria. A súa personalidade e depurada técnica fano inconfundible.
Alleo a estilos e escolas, Eduardo Valladares segue o seu propio camiño, coa acuarela sobre papel como técnica e as paisaxes rurais e as mariñas como temas.
Pintor fundamentalmente realista, chama a atención pola ausencia total da figura humana en todas as súas composicións, creando con iso unha atmosfera máxica e intemporal, na que todos os seus temas permanecen “abertos”. Porque Valladares non é un contador de historias, nada máis as suxire para que o espectador participe na súa obra e complete a escena.
A acuarela é o seu medio de expresión habitual, co que consegue que os seus temas alcancen cotas de luminosidade e transparencia, que rozan o virtuosismo. Todo pintando do natural, para que nada se escape, para que todo se sinta ou se intúa…
Crea as súas paisaxes, fundamentalmente castelás, facéndoas vibrar a base de luz, cor, transparencias… plasmando a súa inmensidade e levándoas a cotas maxistrais. Ás veces detense e pinta motivos aparentemente accesorios, pero que dan sentido á totalidade da súa obra: portas, testos,… centran entón a súa atención para situarnos nun contexto rural e campesiño, que Eduardo valora especialmente. As súas papoulas, buganvillas de cores violentas sobre os ocres e pardos dominantes, fan vibrar con valentía a austeridade das súas paisaxes.
Todo é calma e quietude nas súas paisaxes. Fronte a iso incorpora o movemento nas súas mariñas como trazo fundamental e exprésase aquí cunha grande austeridade de cor, limitándose en ocasións ao seu marabilloso gris de Payne, co que modela os seus temas con auténtica mestría. Son notables as súas agrupacións en series en pequeno formato, ás veces sucesións da mesma paisaxe, en que conxela o instante, normalmente expresión de máxima bravura.
Os amantes da boa pintura esperamos e desexamos que, con esta nova exposición, manteña unha continuidade na mostra pública da súa obra para o deleite de todos.
Alex Vázquez-Palacios
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
A través das formas, texturas e cores, Mon Devane explora as conexións entre o orgánico e a intervención humana, representando esa dualidade a través de tentáculos, […]