II A GALICIA INÉDITA, UNHA OLLADA DIFERENTE AO FOTOXORNALISMO GALEGO

II A GALICIA INÉDITA, UNHA OLLADA DIFERENTE AO FOTOXORNALISMO GALEGO

COLECTIVA

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego” xurde por iniciativa da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e da Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG), co obxectivo de facer visible o labor dos gráficos de prensa e xornalistas que traballan ou colaboran en medios de comunicación. Esta segunda edición da exposición, que agora recala na cidade de Ourense da man da súa Deputación Provincial, reúne 92 imaxes de fotoxornalistas, complementadas con textos xornalísticos ou de corte literario, elaborados por outros tantos xornalistas que tamén desenvolven o seu quefacer en Galicia. Trátase de obras que plasman todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ou rural, ata sucesos que marcaron a actualidade dos últimos tempos en Galicia; pasando por obras que reflicten aspectos relacionados cos principais sectores produtivos da comunidade, conflitos laborais, manifestacións artísticas, festivas e culturais, ou natureza e fenómenos atmosféricos e meteorolóxicos.


  • ¡Compárteo!