A exposición Habitar ou baleiro, unha selección de imaxes de 10 anos de traballo de documentación do fotógrafo Brais Lorenzo nalgunhas das áreas máis despobladas de Galicia.
Coordinada por Tono Arias, a mostra configúrase a partir dunha narrativa complementada por audios, vídeos e textos dos xornalistas Cláudia Morán, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui que crean, en conxunto, unha experiencia inmersiva.
A mostra forma parte dun proxecto xornalístico con vocación de longo percorrido formado por Lorenzo, Morán, Pascual e Abarrategui, Elisabet Fernández e con apoio dos profesionais do audiovisual Miguel Riaño, Thomas Harris e Juan Carlos García.
A soidade, o illamento, o abandono e a falta de asistencia nalgunhas das zonas con maior perda de densidade de poboación nas provincias de Lugo e Ourense son algunhas das temáticas da exposición, máis aló de problemáticas vinculadas ao despoboamento, como os incendios forestais e a convivencia con parques eólicos.
Habitar ou baleiro tamén acolle outra cara máis amable das zonas rurais galegas, como o repunte do interese polo sector primario e outros proxectos de vida no rural ou a visión do Entroido como ferramenta de reivindicación e preservación cultural e do territorio.
Entre os escenarios das imaxes atópanse concellos como San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada ou as montañas dos Ancares e Ou Courel.
Lugar: sala O
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h., sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00h.
Precio: de balde
Visitas guiadas:
Comisariado: Tono Arias
Esta exposición non ten ningún video asociado
Organiza Unidade de Formación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco
Organiza Ateneo de Ourense.
Organiza Ateneo de Ourense
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar