Editorial Galaxia fundouse en Compostela o 25 de xullo de 1950 e estableceu a súa sede en Vigo pero … , case vinte e cinco anos antes, en Ourense, existira un selo de igual nome. Aquela Galaxia publicoulle a Otero Pedrayo a súa segunda obra, O purgatorio de don Ramiro (1926), e imprentou Muiñada d’estrelas, de Augusto Mª Casas. Fernández Mazas ilustrou ambos os volumes. Asamblea Fundacional.
Ourense ten unha importancia capital na senlleira iniciativa cultural. O día da fundación da editorial, ao saír da misa que en honra de Rosalía e Brañas se oficiou en Bonaval, don Ramón falou en galego e emocionou coas súas propostas para un espertar cultural.
No primeiro Consello editorial, xunto a Manuel Gómez Román (vicepresidente), Antonio Fernández López, Xesús Ferro Couselo (vogais), Xaime Isla Couto (conselleiro delegado), Francisco Fernández del Riego (secretario), Alvaro Gil Varela (presidente do Consello técnico) e Ramón Cabanillas (secredario do Consello técnico), estaban tamén Sebastián Martínez-Risco e Ben-Cho-Shey.
Lugar: sala 0
Horario: Luns a domingo e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: PATRICIA ARIAS CACHERO
Esta exposición non ten ningún video asociado
Organiza Unidade de Formación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco
Organiza Ateneo de Ourense.
Organiza Ateneo de Ourense
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar