GALAICA

GALAICA

DIEGO BEYRÓ

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, comprácese en anunciar a inauguración de Galaica, a primeira exposición en Galicia do artista arxentino Diego Beyró. A mostra, que reúne unha selección de pinturas e debuxos, ofrece unha mirada profunda á experiencia do artista nos Camiños de Santiago, cun enfoque especial no seu recente percorrido pola Vía da Prata, que o conduciu a Ourense.

CATÁLOGO GALAICA

 


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

GALAICA
Diego Beyró
O Camiño de Santiago, percorrido hai centos de anos por millóns de peregrinos, é a ruta que convida unha e outra vez a Diego Beyró (Bos Aires, 1984) a camiñar.
Logo de catro experiencias polas rutas xacobeas -o Camiño Francés, o Portugués, o do Norte e a Vía da Prata, transitado recentemente-, vemos traducidas nas obras deste artista as memorias destes percorridos. Por que este Camiño, cunha carga tan profunda, tanto histórica como relixiosa, é o escenario desta práctica artística? Para Beyró trátase dun espazo necesario para o seu proceso creativo. O Camiño non é o medio para chegar a un fin: viaxar polo Camiño abre a oportunidade ao artista de atoparse consigo mesmo, de pensarse, de reflexionar acerca de as súas procuras tanto estéticas como vitais. Esta ruta, transitada hai máis de mil anos polos pobos celtas, é o escenario ideal para conectar co momento presente. No simple acto de camiñar e observar os cambios de escenografía xérase unha conexión co corpo e unha maior claridade mental. Esta camiñada en dirección a Finisterre, considerado por moito tempo o fin do mundo, convida a Beyró a desenvolver exercicios estéticos onde estuda en profundidade como a luz incide sobre as diversas paisaxes do traxecto. Camiñar é percorrer a pé a distancia entre un punto e outro. E estes puntos non son azarosos, senón que están trazados a conciencia para facilitar a ruta de peregrinaxe e xerar momentos de descanso, de comidas compartidas e de conversación entre estraños que, día tras día, camiñan sobre os pasos dos seus predecesores. Camiñar tamén é deterse. Facer un alto no camiño e dar lugar á contemplación, un exercicio que acompaña a Beyró a cada momento da súa travesía. Con soporte na fotografía, o artista capta imaxes de paisaxes, persoas, flora e fauna que acompañan a camiñada. Estas fotografías, testemuños e diarios de viaxe, serán as composicións que logo se transformarán en pinturas e debuxos. Cada Camiño ten unha maneira distinta de revelar as súas sorpresas, e podemos ver na arte de Beyró o paso do tempo e a maneira en que cambian as maneiras de representación. Haberá momentos en que a luz será o elemento fundamental das pinturas, haberá outros momentos en que se destacarán as escenas e lugares cotiáns do camiñante. A procura estética tamén muta co tempo. Desde unha pintura monocroma con foco nas cores azul e branco, tanto nos trazos como nas teas, ata un traballo máis recente onde a cor é protagonista de inmensas flores fotografadas polo Camiño. En Galaica preséntanse, por primeira vez en Galicia, as imaxes xurdidas destes catro percorridos polo Camiño de Santiago entre 2016 e 2025.
Sofía Copado
Curadora

Currículum do artista

CATÁLOGO GALAICA

Diego Beyró (Buenos Aires, 1984) es un artista visual cuya práctica se nutre de la introspección y la experiencia del viaje. Mayormente autodidacta , su formación incluye una residencia de dos años en Fabrica (2007-2009), el laboratorio artístico de la familia Benetton en Italia. Tras una década de residencia en Ciudad de México, actualmente vive y trabaja en Madrid, España, donde ha profundizado en su exploración pictórica. Su obra ha sido ampliamente exhibida en exposiciones individuales y colectivas en galerías e instituciones de Europa (Italia, España, Portugal), Asia (Líbano, Israel) y América (Estados Unidos, México, Chile, Argentina). A lo largo de su trayectoria, Beyró ha consolidado un lenguaje visual distintivo que invita a la contemplación y la conexión con el entorno, evolucionando hacia un estudio cada vez más profundo de la luz y el color en sus creaciones más recientes.