ECOSISTEMA DUNHA RODAXE

ECOSISTEMA DUNHA RODAXE

ESTEBAN DELAIGLESIA

En Ecosistema dunha rodaxe o autor desdóbrase en dous, como fotógrafo profesional de rodaxe e como artista visual, co obxectivo  de poñer en valor o traballo de todo o equipo humano que compón unha rodaxe, mais nomeadamente a exposición é unha homenaxe a tremoia humana que está detrás das cámaras.

A mostra esta composta por fotografías en branco e negro e a cor, cunha estrutura conformada na súa maioría por polípticos. Unha grande composición coral, tanto formal como conceptualmente, completada coa proxección dunha escolma de imaxes tiradas como fotografo profesional da rodaxe, coma o foto fixa.

O artista pode apreciar e transmitir as micro historias que lle contan as persoas e as ferramentas do equipo de traballo. O que se perde no balbordo da sociedade do espectáculo é o que chama a atención deste sensible espectador: o traballo humano e a súa dignidade.

Monse Cea: comisaria.


  • ¡Compárteo!