CHRONICON AURIENSIS, UNHA VIAXE DENDE A PREHISTORIA ATA A IDADE MEDIA

CHRONICON AURIENSIS, UNHA VIAXE DENDE A PREHISTORIA ATA A IDADE MEDIA

ALBERTO CACHARRÓN E MIGUEL MOSQUERA

“Chronicon Auriensis ábrenos as portas da dilatada historia dunha cidade que ao longo do tempo foi conquistada, invadida, saqueada, queimada, destruída e ata desposuída da súa condición episcopal, que quizá moitos descoñezan…” (Xosé Cid)


  • ¡Compárteo!
Miguel Mosquera e Alberto Cacharrón "Chronicon Auriensis"

Textos da exposición

Ourense é un rico «crisol de culturas» no que, ao longodos séculos, se fusionaron as culturas indíxena, castrexa,romana, sueva e visigoda, antes de que a Reconquista, iniciada no primeiro cuarto do século VIII, dese paso á súa progresiva integración no Asturum Regnum (Reino Astur), no Reino de León, na Coroa de Castela e Galicia; na de Castela, León e Galicia; no Condado Portucalense; na de Castela e León e, finalmente, na de Castela.

Neste complexo contexto histórico, a cidade protagonizou relevantes e interesantes episodios, ao ser una praza cobizada por conquistadores, fidalgos, oligarcas urbanos, nobres, bispos e reis, cuxas belicosas acción deixaron tras de si un extenso legado histórico no que o seu mais grande actor foi o Episcopatus Auriensis (Episcopado de Auria). Falo da institución que, tras ostentar secuencialmente os estatus de Sedes Episcopalis (sé episcopal) no século VI; Sedes Episcopalis Cum Bonis (sé episcopal con propiedades) entre os séculos VII e VIII; Praedium Episcopale (couto episcopal) entre os séculos IX e X; Dominium Episcopale (señorío episcopal) durante o século XI; e Feudum Episcopale (feudo episcopal) entre os séculos XII e XVII, contou cunha longa listaxe de “ilustres” bispos, protagonistas de singulares episodios, cuxo goberno procurou, na maioría dos casos, acadar poder e riqueza á custa de trasladar aos seus súbditos un trato humillante, miseria e incluso a morte.

 

Alberto Cacharrón Mojón

Currículum do artista