CEGASAL, UNHA ASOCIACIÓN DE PERSOAS PARA PERSOAS

CEGASAL, UNHA ASOCIACIÓN DE PERSOAS PARA PERSOAS

Diego Silva

CEGASAL, a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro, como organización empresarial de carácter multisectorial, é a entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social e desenvolve unha actividade de promoción dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e de promoción do emprego de calidade de persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social en Galicia. Con esta  exposición fotográfica queremos achegar a todas as persoas  ao mundo laboral das persoas con capacidades diferentes.Nos nosos centros especiais de emprego de iniciativa social  fomentamos o traballo de calidade para as persoas con discapacidade e en situación de risco de exclusión social, cuxos valores e valentía quedan plenamente demostrados no seu labor diario en cada unha das 32 empresas que conforman a organización.

CEGASAL, a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro, como organización empresarial de carácter multisectorial, é a entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social e desenvolve unha actividade de promoción dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e de promoción do emprego de calidade de persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social en Galicia.

O autor das fotografías que conforman esta exposición é o fotógrafo coruñés Diego Silva, quen ao longo de dous anos e medio acudiu aaonce centros especiais de once centros especiais de emprego para plasmar en imaxes a actividade diaria destes profesionais. Silva concibiu o traballo como unha reportaxe documental que reflectise o máis fielmente posible o labor que o máis fielmente posible o labor que levan a cabo estes traballadores.


  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar