PULPEIRAS E FAMILIA

PULPEIRAS E FAMILIA

ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA POTIÑOS

Esta colaboración coa Asociación fotográfica Potiños fai un percorrido entrañable e documental polas familias das pulpeiras e dos pulpeiros do Carballiño, recollendo a presenza de varias xeracións para manter este legado histórico.


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Un dos traballos máis gratificantes que O Potiños leva feito ao longo destes 40 anos de existencia é este que vos mostramos… As pulpeiras e as súas familias. A idea xurdiu ao facer unha colaboración coa Asociación de Pulpeiros do Carballiño, para a súa páxina web e decidimos ampliala e facer un traballo de estudo sobre as súas familias. É curioso como se foi ampliando este traballo ao ter contacto directo con eles, como nos ían transmitindo a súa ledicia ao topar xente que os comprendese e apoiase.

Fotografar estas 30 familias foi todo un acontecemento. Puidemos coñecer de primeira man o que leva consigo este traballo tan duro, transhumante, cos días de frío, de chuvia e de calor ao longo de toda a nosa Galicia. Dúas, tres, catro e cinco xeracións leva ás súas costas esta xente dun recuncho do noso pobo: Arcos.

É un labor que descoñeciamos ata que nos topamos coa súa humanidade. Ver as avoas cos seus netos, que seguen os seus pasos e como dunha, dúas ou tres familias, agora, como eses rabos do pulpo que tanto traballo Iles teñen dado e tanto aman e tanto odian, van medrando ao longo do tempo para crear unha industria cun fondo case familiar.

As nosas fotos queren reflectir ese traballo, esa dedicación, e para isto prescindimos do elemento máis esencial: o pulpo. Quixemos que, coas súas ferramentas, caldeira, pratos, ganchos, aceiteiro, saleiro e pimentoeiro expresasen esa satisfacción dun traballo ben realizado.

Queremos que isto sexa unha homenaxe a todas as persoas que, ao longo de cinco ou seis xeracións seguen a facer un traballo ben feito e foron creando unha marca…

Carballiño ten nome de pulpo.

 

Juan Antonio Rúa Prieto

Currículum do artista

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar