Están diante dun proxecto expositivo que xorde de maneira compartida entre tres institucións que traballan coa arte e coa saúde. Cada artista nesta exposición, coa súa obra e a súa sinatura, ofrecerá a cada visitante a oportunidade de concederlle o recoñecemento que como artistas merecen, afastado de calquera diagnóstico e do seu estigma, promovendo así un lazo social alí onde existe risco de illamento e soidade, para que o único que importe sexa o seu carácter de suxeito que pon a circular no social aquilo que el mesmo inventou.
As institucións participantes son Andar de Nones (Zaragoza), Alpha Cultures (Burdeos-Francia) e ArtEspida (Hospital de Piñor-Ourense).
Presentación de ArtEspida. Hospital de Piñor
Exposición Al Cubo “AL³”, outra vez…, unha vez máis, coa vocación de facer serie e dotar de consistencia a relación entre as tres institucións participantes: Andar de Nones -Asociación de familias TEAdir-Aragón-, Alpha Cultures, do Hospital de Cadillac-Burdeos, e ArtEspida -Hospital psiquiátrico de Piñor-, da que este ano somos anfitrións. Damos a benvida aos nosos invitados e a cada un dos artistas.
Benvidos a unha exposición onde cada obra mostra o resultado da maneira particular en que cada artista se relaciona con aquilo que máis o conmueve de si mesmo e decide compartir coas persoas que se achegan á sala. Un consentimento que, seguramente, non está desvinculado do espazo compartido nin dos cambios producidos, tanto a nivel subxectivo como na relación co mundo, no acto mesmo da súa creación/invención.
Cada artista, coa súa obra e a súa sinatura, ofrecerá a cada visitante a oportunidade de concederlle o recoñecemento que como artista merece, afastado de calquera diagnóstico e estigma, promovendo así un lazo social alí onde existe risco de illamento e soidade, para que o único que importe sexa o seu carácter de suxeito que pon a circular no social aquilo que el mesmo inventou.
Os espazos compartidos en cada institución son lugares pensados para que cada participante poida: “Estar ben…, estar como é”, como dicía Gracia Viscasillas -TEAdir-Aragón- na presentación da primeira exposición. Espazos que tamén son lugares onde o lazo constituído se entretece de afectos e amizade.
Espazos creativos e de lazo social orientados polo psicoanálise que, por tanto, esperan máis a pincelada singular que aprender a pintar belas formas como resultado dunha educación exitosa dirixida por alguén que “xa sabe”. Déixense levar e disfruten destas obras.
ENTIDADES PARTICIPANTES:
Hospital de Piñor. Anfitrións en abril de 2026.
Lugar: sala 0 e hall
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h., sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado