XVI CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DEPUTACIÓN DE OURENSE

Novas 19 de Abril ó 13 de xuño

A Deputación de Ourense convoca a XVI edición do seu Certame de Artes Plásticas, con 7.000 euros en premios.

Este certame está dirixido a novos valores, polo que poderán participar aqueles creadores con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. A inscrición é gratuita e debe facerse de maneira telemática, no portal www.mundoarti.com, antes do día 13 de xuño.

O primeiro premio está dotado con 3.000 euros, hai un segundo premio dotado con 2.000 euros e un terceiro dotado con 1.000 euros. Tamén hai dous accésits, con 500 euros cada un deles. O certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense inclúe, tamén a realización dunha exposición e a edición dun catálogo (no mes de setembro) coas obras seleccionadas polo xurado.

Para máis información, poden dirixirse a centrocultural@depourense.es

  • ¡Compárteo!