Conferencias 28 de novembro ás 20:00
Poñente: María Gloria de Antonio Rubio
Organiza: Ateneo de Ourense
Aínda que son poucos os documentos conservados sobre os case cincocentos anos de presenza xudía en Galicia, é posible obter unha visión panorámica, aínda que incompleta, sobre as comunidades xudías medievais establecidas en Galicia, sobre as súas xuderías, sobre algúns dos individuos que nelas viviron e sobre as súas profesións. De todas elas, a comunidade xudía de Ourense é a que, polas súas particularidades documentais, permite unha análise máis exhaustiva dos individuos que n ela viviron polo que constitúe o eixo fundamental para o coñecemento dos xudeus galegos medievais. A actividade forma parte das Charlas de Ciencias Humanas que se organizan desde a Unidade de Cultura Científica das Delegación do CSIC en Galicia co obxectivo de dar visibilidade aos traballos de investigación que levan a cabo en Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, no ámbito da historia de Galicia.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar