Novas / Cata a arte 13 ó 27 de novembro
Este proxecto de harmonía dos viños coa arte e coa música cumpre a súa undécima edición. Contará co acceso en forma entrada solidaria destinando todo o recadado á Asociación Diabética Auria
Esta iniciativa, altamente consolidada ao longo dos anos, desenvolverase os xoves 13, 20 e 27 de novembro. CataArte consiste na cata de viños dunha adega pertencente á D.O. Ribeiro no entorno dunha exposición artística e complementada cun concerto musical de entre 30 e 40 minutos. No eido vinícola, os colleiteiros Pousadoiro e Casal do Canteiro serán os protagonistas da primeira xornada, o 20 de novembro será o momento de coñecer máis polo miúdo o proxecto de Bodegas Casal de Armán e o broche final, na derradeira sesión, virá da man de Bodega Alanís. O apartado musical desta edición correrá a cargo de The Lie’s project (13 de novembro), Álvaro Alonso DJ Verbena (20 de novembro) e Besbellos (27 de novembro).
Novamente, esta edición contará co acceso en forma entrada solidaria, cun prezo de 5€ por sesión que se deberá adquirir unicamente a través do portal electrónico Entradium.com, sendo un ano máis un evento solidario que destinará todo o diñeiro recadado á Asociación Diabética Auria.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar