Eventos / Cata a arte 04 ó 18 de novembro
Un ano máis, contaremos co evento solidario CATA A ARTE, esta vez na súa séptima edición na que os fondos recollidos serán doados a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR)
As catas, sempre a partir das 20.00 horas no Marcos Valcárcel, comezarán o xoves 4 de novembro con Arco da Vella e os viños da Adega de Eladio, xunto cun recital poético e de cancións do grupo Os Tarabelos. O 10 de novembro será o momento da cata de Nairoa, á que acompañará a música country e folk do grupo Os Forasteiros e unha proposta gastronómica. Continuará o ciclo o 18 de novembro coa cata de Vinos con Personalidad xunto coa música do Dúo Slastic. E para rematar, a Bodega Alanís será a protagonista da xornada do 2 de decembro, onde fará unha degustación do seu viño en harmonía co espectáculo musical de Queiman e Pousa.
Pola situación sanitaria, as actividades limitaranse a 50 persoas, e as prazas cubriranse por orde de retirada das invitacións, de maneira presencial nos propio Marcos Valcárcel, o luns anterior a cada evento.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar