Liberarnos das emocións negativas

Conferencias 09 de xaneiro ás 19:30

Venerable Lama Gueshe Tenzing Tamding, representa unha réplica das prestixiosas e acreditadas universidades tibetanas as cales foron creadas por LAMA YHE TSONG KHAPA.

CHU SUP TSANG ou fonte inesgotable de sabedoría é a primeira fundación universitaria en todo o mundo occidental, que instrúe acerca das cinco grandes ciencias do coñecemento budista sobre os textos do camiño gradual ao estado da iluminación, referente á arte dialéctica do debate filosófico acorde ao sistema científico e espiritual, que celebra rituais e iniciación ás diferentes deidades meditacionales. Constantes prácticas e instructivas conferencias.
O mosteiro ten actividades ao longo de todo o ano.
Os dous irmáns de Lama Gueshe Tenzing Tamding, en unión cunha discípula procedente de Taiwan, acordaron efectuar unha doazón para que se puidese adquirir un terreo, situado na localidade de Ventoselo , na provincia de Ourense . No devandito espazo, proxectouse construír un centro monástico de retiros. Estas ofrenda foron legadas altruistamente por parte das persoas que se acaban de mencionar. Ademais foron xeradas coa única motivación de querer axudar e beneficiar, a todos os seres sen distinción algunha.

Unha actividade organizada pola Fundación Cum Laude.

  • ¡Compárteo!