Foro / Foro La Región 20 de febreiro de 10:30
Este Foro consistirá en dúas mesas redondas en horario de mañá, unha sobre perspectiva legal e xudicial sobre a trata, e a segunda en torno á realidade no terreo: detección, protección e prevención.
A primeira centrarase en abordar a “Perspectiva legal e xudicial sobre a tráta”. O obxectivo será facer un repaso polo marco legal sobre trata de persoas, as dificultades na persecución dos delitos que rodean a tráta e a condena dos seus responsables, os mecanismos de protección das vítimas nos procedementos xudiciais e a necesidade de abordar reformas lexislativas que permitan loitar contra as mafias dunha forma máis efectiva e áxil, así como con máis garantías para as vítimas.
Neste sentido Félix Durán debaterá no primeiro coloquio con Pilar Manso, fiscal delegada de estranxeiría e trata de seres humanos na Audiencia Provincial de Ourense, Estéban Basalo, xuíz en Consello Xeral do Poder Xudicial e do xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Carballiño, Fernando Blanco, letrado do despacho Ferro Avogados e Tamara Méndez Fernández, médico forense.
Despois dun descanso, que terá lugar a media mañá, Félix Durán introducirá a segunda mesa redonda que virará ao redor da “Realidade no terreo: detección, protección e prevención”. Nesta segunda quenda de palabras, os asistentes terán a oportunidade de escoitar as posturas e experiencias de María del Carmen Alonso González, coordinadora do programa ALUMAR de Caritas Ourense, Monchi Sánchez, xornalista da Rexión especializada en sucesos e tribunais e María Alida Iglesias, xefa da Unidade VioXén na Subdelegación do Goberno.
Os temas para abordar nesta segunda mesa redonda pasarán por como se detectan as redes de trata e o seu modus operandi, a experiencia da Garda Civil en operativos contra esta secuela, haberá un achegamento aos testemuños e casos reais desde o activismo e a prensa; así como unha análise entre os relatores enfocado a como mellorar a prevención e sensibilización na sociedade.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar