Coloquio 19 de decembro de 19:30
O escritor e profesor Juanjo Lamelas presentará a súa última novela histórica.
Na actualidade dedícase á docencia e traballa en proxectos vinculados co desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación aplicadas ao ensino.
A súa paixón por contar o pasado desde a literatura deu lugar á Triloxía da Antigüedad: A Lenda das Bágoas Douradas ( Atlantis, 2010), O Home de Vitruvio ( Atlantis, 2011), Con Este Signo Vencerás ( Atlantis, 2013). Singular é a novela alegórica O Soño de Belial ( ECU, 2010). O seu interese pola divulgación científica reflíctese en Por que caen as Mazás? ( Atlantis, 2014). En lingua galega destaca a colección de relatos Sete Puntos Negros sobre Fondo Vermello (Toxosoutos, 2016).
Participou en numerosos congresos e publicado traballos de investigación en prestixiosas revistas como o “ Journal of Chromatographic Science” ou a revista “Afinidade”. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal, onde se fraguaron varias agrupacións culturais.
Aos poucos a súa afección á literatura foi converténdose nunha autentica paixón da que naceron xa varias historias cuxo resumo pode atoparse en :http://juanjolamelas.blogspot.com/
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar