Presentacións 18 de setembro de 20:00
Un libro de Manuel J. Maside. Actividade organizada polo Ateneo de Ourense.
O amor move montañas, pero que hai antes do amor? A sensualidade, o erotismo desalmado, posuírnos. Este poemario vai diso, de todo o que a carne pide, dos mitos.
Toda a sensualidade que a poesía vai dando está aquí concentrada, agardando que provoque polo menos algo de fogo nas vosas almas.
Desfrutade!
AUTOR:
Manuel J. Maside (Ourense, 1989). Leva escribindo poesía desde os quince anos. Publicou poesía na revista virtual ourensá Orballo en galego. Tamén colaborou coa revista virtual UndergroundLab con artigos de música. Publicou o libro Non vos pertencemos en galego, un libro de microrrelatos e relatos curtos. Desta volta fai unha incursión na poesía erótica.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar