Piernetas

Inauguración 09 de maio de 20:00

Abre as súas portas esta exposición do artista Maec

PIERNETAS

 

Esta obra está inspirada no xesto coñecido popularmente como “peineta”.

A orixe é un debuxo erótico que realicei hai algúns anos, no que a perna da muller me suxeriu unha “peineta” e, ao incorporarlle o ollo, pareceu cobrar vida.

Con esta exposición pretendo facer reflexionar sobre as paixóns humanas, esas que arruínan o mundo como a envexa,  a cobiza ou a hipocrisía, entre outras.

Quero tamén facer unha homenaxe aos materiais. Ao cartón, o papel craft e ao porexpán que, sen ser considerados materiais nobres, tento levalos á categoría de artísticos.

 

Maec

 

  • ¡Compárteo!