O piano romántico de Chopin

Concerto 13 de xaneiro de 20:00

María Icíar Serrano Quiñones

Mª Iciar Serrano Quiñones comezou os seus estudos musicais  en Bilbao, continuándoos anos despois en Valladolid, onde rematou a carreira de piano coas mellores cualificacións, obtendo Matrícula e Premio de Honor na a materia de Repentización, Improvisación e Acompañamento.

Titulada Superior de Solfexo,Teoría da Música, Transposición e Acompañamento polo Conservatorio Superior de Salamanca,  obtén o Título de Profesora de Harmonía, Contrapunto,
Composición e Instrumentación no Conservatorio de Arturo Soria, (Madrid), e o mesmo Título de Profesora Superior no Liceu de Barcelona, asistindo durante cinco anos consecutivos aos ensaios da OSCYL, en Valladolid, como alumna do  Conservatorio Superior de Salamanca. Ten recibido clases de piano dos profesores Miguel Frechilla  del Rey, Pedro Zuloaga, Pedro Gómez, Manuel Carra,e Jorge Leyt,  e, entre os seus profesores de composición, cabe citar a Alejandro Yagüe, Benet Casablancas e Víctor Estapé.

Diplomada en educación pola UNED, obtivo recentemente o DEA con Sobresaínte, especializándose en Innovación Curricular,  dentro do Departamento de Didáctica da Música.
Os seus artigos sobre temas relacionados coa pedagoxía musical,  Pódense atopar nas revistas dixitais: “Docente XXI”,”Timonel”, “Andaluciaeduca”, e a Revista Digital da JCYL.

Este programa amósanos a Chopin, un dos maiores representantes do Romanticismo musical, e o único gran compositor cuxa figura pode  estudarse por enteiro a través da súa produción para piano, que foi o centro da súa creatividade.

A súa obra ,de gran refinamento estilístico, exerceu unha notable  influencia na música de outros célebres compositores coma Brahms ou Debussy.

 

PROGRAMA:

F. Chopin:   Balada  en  sol  menor, nº  1, Opus  23.

 

  F. Chopin:     Estudo nº 7, Opus 25.

 

F. Chopin:  Estudo nº 3, Opus 10, “Tristesse”

 

F. Chopin:    Estudo nº  6, Opus 10.

 

F. Chopin:  Fantasía-Impromptu en do #  menor, nº 4,

Opus  póstumo, 66.

 

F. Chopin:   Estudo nº  9, Opus  10.

 

F. Chopin:  Estudo nº 12, Opus 10, “Revolucionario”.

 

F. Chopin:  Estudo  nº  2, Opus  25.                     

 

F. Chopin:   Estudo nº 12, Opus 10, “Revolucionario”.

 

F. Chopin:   Scherzo nº  2, Opus  31.

  • ¡Compárteo!