Óscar Rivero Salgado: “As matemáticas do Século XXI”

Conferencias 17 de setembro ás 20:00

O investigador ourensán Oscar Rivero Salgado, onde abordará as peculiaridades das matemáticas contemporáneas. Será presentado polo profesor Víctor Pérez Baltar. Promove o Ateneo de Ourense.

Óscar Rivero Salgado naceu en Xinzo de Limia en 1994. Formouse no IES Cidade de Antioquía e durante a súa etapa na secundaria gañou varias medallas en olimpíadas matemáticas e obtivo a máxima nota nas probas de acceso á universidade. Cursou un dobre grao de Matemáticas e Enxeñería Física na Universidade Politécnica de Cataluña, sendo premio nacional de fin de carreira. Despois de cursar un máster, doutorouse pola mesma universidade en matemáticas, cunha tese sobre teoría de números. Actualmente traballa como investigador e profesor na Universidade de Warwick (Reino Unido).
Breve resumo da conferencia: Nestes últimos anos tense falado moito de matemáticas. Cada vez son máis os sectores profesionais onde se aplican e nos que desempeñan un papel importante. Nesta conferencia trataremos de explicar algúns dos retos e posibilidades das matemáticas na actualidade, tanto no eido da investigación como nas súas posibles aplicacións á industria.

Debido ás restricións sanitarias a entrada será libre ata completar o aforo.

Para asistir é obrigatorio cumprir co protocolo establecido polas normas sanitarias.

Agardamos a súa asistencia.

  • ¡Compárteo!