“O Tempo na Luparia”

Proxección/Estrea 16 de maio de 20:00

Un documental dirixido por Plácido Romero

Esta actividade organizada por Arraianos Produccións S.L., é unha primeira presentación e proxección do documental.

Un hixiénico exercicio de memoria, cunha perspectiva, lírica, do paso do tempo, na Luparia, paradigma de calquera territorio da Galiza interior, cun forte sentimento de identidade marcado por un pasado lendario, un presente desconcertante e a esperanza nun futuro mellor.

A historia, a etnografía, a política, a pegada imborrable de Xaquín Lorenzo e a vida cotián, sosteñen a súa existencia no tempo pero tamén o tempo habita nelas, conformándoas e determinándoas. Reinventarase este mundo para sobrevivir nun mañá dominado pola tecnoloxía e a intelixencia artificial? Aínda existe a ilusión e a esperanza dunha vitoria sobre o desalento.

“O Tempo na Luparia” pretende ser unha visión emotiva dun concello da Galiza interior a partir dos acontecementos e vivencias de todo tipo ocurridas nos últimos trinta anos. Destácanse aspectos históricos, as diferentes vicisitudes, evolución e pensamento dun grupo de rapaces dende os catro anos ata os trinta. A evolución dos ritos e cultos ancestráis, a valoración popular da figura do gran etnógrafo Xocas, con casa familiar no concello, a vida cotián e os anhelos dun esperanzador futuro son outros dos aspectos que se desenvolven, entre outros. En definitiva “O tempo na Luparia” pode ser vista, non dende unha posición convencional pesimista, senon como un intento poético de estímulo e orgullo de pertencer a unha terra, cuns grandes valores culturáis e históricos, e cunha confianza nun futuro, diferente, pero esperanzador.

Despois da proxección haberá un coloquio co director Plácido Romero.

  • ¡Compárteo!