Eventos 31 de maio de 19:30
O centro cultural acollerá a sesión de clausura deste ciclo no que se recolle a visión de catro historiadores da arte ourensáns sobre obras fundamentais da pintura universal.
Nesta xornada, a relatora será Verónica Iglesias, Historiadora da arte, que falará sobre a obra de Tamara Lempicka “Santa Teresa de Ávila”.
Esta actividade ten como boxectivo desentrañar as claves dunha obra de arte , dar as pautas ao espectador de como achegarse a un cadro ou coñecer as reviravoltas da súa creación. Promovida pola Fundación Cum Laude contou este mesmo ano con varias intervencións de entendidos en arte facendo análise de outras obras e de outros estilos artísticos.
Día 8 de febreiro… Xosé Poldras: Málevich, “Cuadrado negro sobre fondo blanco”.
Día 22 de febreiro……. Xabier Limnia de Gardón, “Los baldaquinos barrocos, con la capilla del Santo Cristo en el centro”.
Día 29 de marzo….. Tareixa Taboada , “Bansky”.
Día 26 de abril….. Natalia Figueiras, “Lo que se esconde detrás de un cuadro. La pintura con rayos X”.