Da idea á pedra. A escultura contemporánea do S. XX a través da obra de Antonio Faílde

Ciclo / Mirar a arte 17 de xaneiro de 20:00

Comezaremos esta edición 2020 con Natalia Figueiras Pimentel, Licenciada en Historia da Arte e titulada en Restauración, amosándonos detalles da obra do escultor ourensán Antonio Faílde.

Continuando e reinventado a actividade “Mirar un cadro , manual de instrucións” este ano ampliamos o concepto para abarcar máis expresións artísticas como : escultura , performances ou audiovisual. Coa colaboración de historiadores, artistas e licenciados en Belas Artes , achegámonos á Arte para saber máis sobre as obras, os autores e as épocas en que se crearon .

Comezamos un ciclo de Xaneiro a Xuño do ano 2020 onde coñeceremos máis sobre Failde , Frangelico , Abramovic ou a vangarda venezolana. Unha serie que promete ser interesante e enriquecedora como a edición precedente.

Actividade organizada pola Fundación Cum Laude.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar