Marilar Aleixandre e Valeria Pereiras: “Memoria das mulleres: cigarreiras e presas”

22 de febreiro de 19:00

O Ateneo de Ourense organiza esta charla na que contaremos coa presenza destas dúas grandes entendidas da escritora galega

“Tiramos a memoria das mulleres do esquecemento, nunha conversa sobre mulleres do XIX: por unha banda as cigarreiras da Fábrica de Tabacos, que protagonizaron a primeira folga obreira de Galicia en 1831, ás que dá voz Emilia Pardo Bazán, pois son as protagonistas da novela A Tribuna, traducida ao galego por Valeria Pereiras. Por outra banda, mulleres aínda máis esquecidas, as presas do cárcere A Galera, protagonistas da novela As malas mulleres, de Marilar Aleixandre; delas apenas coñecemos o nome de Pepa a Loba; en 1863 Juana de Vega e Concha Arenal intentaron ensinalas a ler e escribir, o que foi obstaculizado polas autoridades, talvez por considerar perigosas as mulleres que len e escriben.”
  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar