Conferencias / Foro La Región 01 de marzo ás 20:15
Imparte: Javier Goyeneche, Presidente fundador de ECOALF
Licenciado en Empresariais pola European Business School ( EBS), máster de posgrao en International Márketing Strategies na Northwestern University Chicago ( Kellog), Javier Goyeneche (Madrid, 1970) non ten problemas en admitir que para lograr algúns éxitos hai que dar miles de tropezos. Tras as luces e as sombras de Fun& Basics, a que foi a súa primeira gran aventura, en 2009 funda ECOALF –nome inspirado nas iniciais do seu fillo Alfredo- co foco posto nunha maneira moi particular de facer moda baseada en dúas premisas: sustentabilidade e innovación. “Desde o principio queriamos que fose realmente sustentable”- explica o empresario, que non dubidou en aplicar a forza das súas propias conviccións ao negocio. “Sentíame frustrado co uso indiscriminado de recursos naturais e coa cantidade de residuos xerador polos países industrializados”.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar