Xornadas 17 de outubro de 09:00
O maior evento de iluminación urbana e técnica de Galicia, cunha xornada promovida polo Comité Español de Iluminación, en colaboración coa Deputación e co concello de Ourense
Esta xornada técnica será de especial interese para responsables de administracións públicas porque abordará modelos de renovación de instalación de alumeado municipal e os principais retos sobre eficiencia enerxética no alumeado público.
A iluminación LED será a gran protagonista desta xornada, na que tamén se abordarán elementos de seguridade, proxectos en vías de execución coma o ecobarrio da Ponte (Ourense) ou sistemas de iluminación intelixente, abordados por técnicos e especialistas na materia.
O acceso é libre e gratuito ate cubrir aforo e podes reservar a túa praza no mail ceigalicia@ceisp.com
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar