Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega

Presentacións 11 de abril de 20:00

Un libro de Carlos López Bernárdez que será presentado por Xabier Limia de Gardón.

Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos d edicados ao desenvolvemento da pintura galegada primeira metade do século pasado, con especial atención aopapel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.
A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde finais do séculoXIX até mediados do XX, desde a Xeración Doente até Laxeiro, Eugenio
Granell, Maruja Mallo ou Seoane.
A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das figuras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa coas súas singularidades e en América, no contexto dos chamados ?realismos de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar