I Xornada Internacional da Lonxevidade

Xornadas / Foro La Región 07 de novembro de 09:00

Un encontro con expertos nacionais e internacionais para analizar os avances científicos da lonxevidade, descubrir por que en Galicia se vive máis e coñecer as claves para envellecer con saúde

A I Xornada Internacional da Lonxevidade propón unha reflexión sobre un dos grandes retos da sociedade actual: non só vivir máis anos, senón facelo con saúde, autonomía e calidade de vida.

O encontro estrutúrase arredor de dúas mesas temáticas que abordarán a lonxevidade desde perspectivas complementarias.

A primeira mesa, «Evidencias científicas sobre a lonxevidade: por que se vive máis en Galicia?», analizará os factores que contribúen á elevada esperanza de vida da poboación galega, prestando especial atención aos avances científicos e á investigación sobre o envellecemento.

A segunda mesa, «Do coñecemento á práctica: como favorecer unha vida máis longa e saudable», céntrarase na aplicación dos coñecementos científicos para promover un envellecemento saudable, mellorar o benestar e favorecer unha maior calidade de vida.

Unha oportunidade para coñecer os avances na ciencia da lonxevidade e poñer en valor o potencial de Galicia, e especialmente de Ourense, como territorios de referencia neste ámbito.

Entrada mediante invitación. Organiza: La Región.

  • ¡Compárteo!