Festivais de cine: Cidades de celuloide

Conferencias / ICC Week 06 de abril ás 16:30

Analizaremos a situación actual dos festivais de cine da man de especialistas de primeiro nivel.

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ, Coordinador artístico do OUFF.

CONXITA CASANOVAS, Directora del Barcelona Film Fest.

PELA DEL ÁLAMO, Director do festival Curtocircuíto.

MÓNICA MASSAGUÉ, Subdirectora da fundación Sitges Festival.

Desde os seus inicios en París, a “cidade da luz”, a arte de representar o tempo como luces e sombras móbiles na pantalla, tamén chamado cinema, estivo envolvida nun halo de maxia e glamour. Cannes, Venecia, San Sebastián… comprenderon pronto que podían sumar á súa elegancia secular esa calidade indescritible que dá a granularidade do celuloide. Naceron entón os festivais de cinema, eventos que reunían nunha cidade concreta todos os axentes industria: as estrelas da pantalla, os directores, os produtores e os públicos. Nas últimas décadas, os festivais de cinema, incluídos algúns especializados en xéneros concretos, floreceron con particular abundancia no noso país. Decidimos falar sobre iso nesta edición de Ourense ICC Week, propiciando un encontro entre a directora e subdirectora de dous dos festivais máis interesantes do panorama nacional cos directores de dous festivais galegos, entre eles o OUFF, a cita co cinema que se celebra cada ano na propia cidade termal.

  • ¡Compárteo!