É Romance / É Brindo

Conferencias 10 de decembro ás 19:00

É-Romance e mais É-Brindo son dous proxectos artísticos e educativos de a "Central Folque" que nos presentarán no centro cultural Kike Estévez e José Luis Forneiro.

É-Romance e mais É-Brindo son dous proxectos artísticos e educativos de aCentral Folque cuxo obxectivo é por en valor de dúas realidades culturais que constitúen unha parte ben relevante do patrimonio inmaterial galego: os brindos e os romances.

A realización destes proxectos, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, decorrerá en paralelo durante os meses de novembro e decembro de 2019 con varias liñas de actuación:

Libros

A publicación de dous traballos de investigación sobre estas materias, ambos editados por aCentral Folque dentro da colección Chave Mestra. José Luís Forneiro, profesor de Filoloxía na USC, e Sergio de la Ossa, prestixioso musicólogo, asinan o libro sobre o romanceiro galego mentres que Kike Estévez, tamén filólogo e profesor, e Pablo Bernárdez, músico e mestre, son coautores do monográfico sobre o brindo das montañas orientais galegas. As fotografías son obra de Eutropio Rodríguez, autor cuxo traballo ten un lugar destacado no panorama galego contemporáneo.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar