Clube de lectura: “Hoy no me libro”

Clube de Lectura 16 de decembro de 18:00

A Fundación Cum Laude e o centro cultural promoven este encontro literario pensado para persoas ás que lles gusta comentar libros e compartir impresións, tódolos terceiros mércores do mes

Nesta ocasión a lectura será: Unha sorte pequena, de Claudia Piñeiro.

Unha novela intensa e conmovedora, desas que deixan pegada e nos convidan a reflexionar sobre como unha soa decisión, un erro nun instante determinado, pode mudar unha vida para sempre.

Unha historia chea de emocións que nos atrapa pouco a pouco e vai gañando forza e intensidade a medida que avanzamos nas súas páxinas.

  • ¡Compárteo!