Clausura do curso UNED Senior

Eventos 12 de xuño de 18:30

Despois de todo un curso académico acollendo as clases da UNED Senior, celebrarase no Centro Cultural a clausura do curso 2018/19.

Este ano o acto de clausura inclúe unha conferencia ofrecida por Jesús Manuel García Díaz, Director do centro asociado da UNED en Ourense. A conferencia versará sobre a historia da praza de San Martiño (Ourense).

  • ¡Compárteo!