Cinco cordas, seis dedos, unha voz: participación instrumental, modo e texto na épica medieval temperá

Conferencias / Foro La Región 02 de abril ás 20:15

Benjamin Bagby; cantante e arpista especializado en música medieval. Cofundador do grupo Sequentia.
Presenta Carlos Núñez, músico.

O cantante e arpista Benjamin Bagby é cofundador e director do lendario conxunto de música medieval Sequentia. Con este grupo dedicouse á investigación, a interpretación e a gravación de música composta antes de 1300 creando algunhas das reconstrucións máis emblemáticas do movemento de música antiga. Bagby tamén se atopa profundamente comprometido coa presentación en solitario de poesía oral anglosaxoa e xermánica: a súa reconstrución de Beowulf foi aclamada por críticos ao redor do mundo. Ademais de investigar e crear programas de concertos para Sequentia, Ben escribiu sobre a práctica da música medieval e imparte cursos e talleres en toda Europa e América do Norte. Entre 2005 e 2018 ensinou prácticas de interpretación de música medieval na Universidade de París – Sorbona.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar